25 de Novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

En decembro do 1999, a Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o 25 de novembro como o día para facer visible a loita pola eliminación de toda violencia exercida contra a muller: a violencia física e psicolóxica, a violencia económica, a violencia e o acoso sexual, a trata de mulleres e, por último, a violencia vicaria.

Co fin de conmemorar esta data, dende o centro programáronse unha serie de actividades en todos os niveis educativos. Unha delas foi a convocatoria do “II Concurso de Fotografía/Fotomontaxe contra a Violencia de Xénero”, no que puideron participar todo o alumnado de secundaria.

Durante a semana do 22 ó 26 de novembro, as obras enviadas polos estudantes mostraranse no corredor do primeiro piso.





Cartel realizado polo estudantes de Valores Éticos de 1º e 3ºESO
Cartel realizado polo estudantes de Valores Éticos de 1º e 3ºESO

Os gañadores serán elixidos nunha polo propio alumnado nunha votación que se levará a cabo durante o recreo do mércores e o venres desta semana.


Alumnos/as votando as súas favoritas durante o recreo do mércores 24 de novembro








Comentarios