Proxecto de investigación: ZOOM A VIOLENCIA DE XÉNERO

 


Internacional

 

As Nacións Unidas (ONU) definen a violencia c
ontra a muller como «todo acto de violencia de xénero que resulte, ou poda ter como resultado un dano físico, sexual ou psicolóxico para a muller».

 

Violencia na parella ou dentro do ámbito familiar

A violencia na parella refírese as accións que poden chegar a causar dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas a agresión física, a coacción sexual, o maltrato psicolóxico e as conductas de control.

Entre 2000 y 2018 realizouse unha análise pola OMS (Organización Mundial da Saúde) sobre a violencia contra a muller. En todo o mundo, case unha de cada tres mulleres sufriu violencia física ou sexual. A violencia de parella e a violencia sexual son perpetradas na súa maioría por homes.

Factores asociados coa violencia de parella e coa violencia sexual son:

Baixo nivel de instrución (autores e vítimas de violencia sexual), exposición ao maltrato infantil, presenciar escenas de violencia familiar, ter un trastorno da personalidade antisocial, uso nocivo do alcohol, comportamentos masculinos daniños como ter múltiples parellas ou actitudes de aprobación da violencia.



 

Diferenzas de xénero

Seguen existindo normas que privilexian ou condicionan de maneira superior aos homes sobre as mulleres. Como exemplos temos: o escaso acceso da muller ao emprego remunerado, leis non igualitarias, baixos salarios para as mulleres en algúns ámbitos...

A desigualdade de xénero e aceptar a normativa da violencia contra a muller son causas deste problema, debido a que a violencia de parella/sexual son enormes e teñen un efecto dominó en toda a sociedade.

 

A función do sector da saúde

O sector da saúde céntrase en moitas cousas como: prestar axudas a mulleres que padecen este tipo de violencia, previla, promover a igualdade e xerar medidas que funcionen.

 

Datos sobre a violencia de xénero no mundo 

1.      Cada 3 segundos, unha nena é obrigada a casarse.

2.      Unha de cada 3 mulleres sofre violencia física ou sexual no mundo.

3.      En países como o Congo, as violacións como arma de guerra son tan usadas que, de media, unha muller será violada máis dunha vez na vida.

4.      O 71% das vítimas de trata son mulleres e nenas.

5.      En 2012, a metade dos asasinatos de mulleres foi por parte da súa parella ou dun membro da súa familia. No caso dos homes, isto non pasa nin no 5% dos casos.

6.      As mulleres de entre 15 e 44 anos teñen máis risco de sufrir violencia de xénero que cáncer, accidentes de tráfico ou malaria.

 

Feminicidios en América Latina

Os feminicidios en América Latina teñen taxas bastante altas comparadas con outros lugares do mundo. Contando os datos en feminicidios por cada 100.000 mulleres, hai países con taxas moi por riba da media coma: Honduras, Sta. Lucía, Trinidade e Tobago, República Dominicana e El Salvador. Aínda que hai outros que baixaron as súas taxas, por exemplo: Brasil, Bolivia, Guatemala, etc.


  

Violencia de xénero en Asia

En Asia aínda hai moitos países que sofren moita violencia de xénero, coma en Indonesia, onde se rexistrou unha subida do 6% (2018-19), sendo a doméstica a máis común (o 75% dos casos). En Corea do Sur, un 5% das mulleres sufriron esta violencia por parte das súas parellas, e en Xapón rexistráronse case 77.500 chamadas por violencia doméstica.



 

Violencia de xénero en África

As rexións de África Occidental e Meridional teñen taxas de violencia de xénero moi altas. En varios países, arredor do 20% das rapazas de entre 15 e 24 anos aseguran ter sufrido violencia por parte da parella. A violencia sexual en nenas de 15 anos ou menos é máis común en países postconflito.

A alta taxa de violencia mantense pola persistencia de normas de xénero nocivas, consumo de alcohol, o aumento da pobreza e da violencia, etc. A violencia e o medo ao abuso impídenlle ás nenas rexeitar as relacións sexuais e fainas perigar. A maioría dos países non compren os seus compromisos, expresados en distintos tratados. Incluso cando hai lexislacións nacionais sobre a violencia de xénero, estas descoñecen os dereitos de mulleres e nenas.





   

Cambios actuais

En Liberia, a sección ONU Mulleres apoiou a mulleres lexisladoras e avogadas para defender a adopción con éxito dunha política de asistencia xurídica.

En Tanzania, gobernos, activistas, grupos de mulleres, líderes, etc. escoitaron o chamado da ONU Mulleres para denunciar as normas prexudiciais que sosteñen a violencia de xénero. 

En Moldavia, as mulleres loitan por obter unha proporción xusta dos cargos electos. Para as mulleres con discapacidades, a barreira é aínda máis alta. Nas eleccións de 2019, ONU Mulleres colaborou para que participaran como candidatas a alcaldesas e concelleiras.

 

Nacional

Denuncias contra a violencia de xénero en España

 Durante o ano 2018 chegaron ós xulgados un total de 1666.961 denuncias por violencia de xénero, o que implica unha media mensual de 13.913 denuncias e unha media diaria de 457. Supón un incremento do 0,4% do número de denuncias por violencia de xénero se se compara coa cifra do ano anterior.

 


Datos de mortes en España

O número de mortes por violencia de xénero diminuíu un 3% anual durante o período 2003-2017, e continúa diminuíndo.


 



Webgrafía

 


 

- ONU Mulleres

Informe anual ONU Mujeres

 

- Organización Mundial da Saúde

https://www.who.int/es/news-room/fact-sheets/detail/violence-against-women

 

- Observatorio Igualdade de Xénero de América Latina

https://oig.cepal.org/es/indicadores/feminicidio

 

- ACNUR

 

- Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero

https://violenciagenero.igualdad.gob.es/violenciaEnCifras/estudios/investigaciones/2020/menores_UCM.htm

 

- Fundación Mujer

https://observatorioviolencia.org/quienes-somos/

 

- Consellería de Emprego e Igualdade. Centro de documentación

http://igualdade.xunta.gal/es/centro-de-documentacion

                                            

Investigación realizada polos alumnos/as de VVEE de 3ºESO

 

Comentarios