O martes 19 de abril, os alumnos/as dos dous grupos de 3ºESO saíron cedo da Picota para visitar Santiago. Nada máis chegar aproveitamos para recorrer algunhas rúas do casco antigo antes de comezar coa visita á Catedral.
O
primeiro que fixemos tras chegar á praza do Obradoiro foi subir ó teito pétreo.
Acompañounos unha guía que nos falou dalgunhas características
histórico-arquitectónicas da Catedral e do Pazo de Xelmírez. Dende alí
desfrutamos dunhas fermosas vistas da cidade vella.
Antes de rematar a mañá achegámonos tamén ata o museo catedralicio e entramos á Catedral pola Porta Santa.
Despois
de comer, visitamos o recentemente restaurado Pórtico da Gloria e, dende alí,
dirixímonos ata o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Como chegamos un
pouco antes de tempo, aproveitamos para entrar no Museo do Pobo Galego co fin
de ver a súa famosa escaleira helicoidal.
A
nosa viaxe rematou trala visita guiada no CGAC, onde puidemos ver as pezas da
exposición: “Cruzamentos na Arte Galega da colección CGAC”.
Comentarios
Publicar un comentario