Aprendendo teatro con Charo Pita

 

O pasado martes 31 de maio o alumnado de 4º e 5º tivo a oportunidade de disfrutar dun obradoiro de teatro lido coa escritora Charo Pita. Charo empezou facéndolles ver a importancia da posición corporal cando lemos, logo fixo con eles, mediante xogos,  movementos coa boca para un quecemento dos músculos e do  aparato fonador.  Despois empezaron a practicar teatro lido e, mediante distintas estratexias que ela lles iba dando como alzar máis a voz, ler máis amodo, vocalizar mellor… conseguiron  ir mellorarando .

 Rematou  recordándonos, tanto ao profesorado coma ao alumnado, a importancia de poñer en práctica ditas estratexias ao ler, para que haxa unha correcta transmisión da mensaxe e podamos centrar mellor a atención dos oíntes.

Ahora un par de fotos para ilustrar o momento vivido.





Comentarios