A ciencia na prensa

Con motivo da Semana da prensa na Escola decorrida do pasado 6 ao 10 de marzo, alumnado da ESO tivo que buscar e escoller noticias con contido científico.

Unha vez recollidas e lidas na aula, os alumnos e alumnas da materia de Cultura Científica deseñaron portadas de xornais científicos ficticios.

Con esta actividade o alumnado do CPI A Picota puido analizar a presenza da ciencia na prensa convencional e achegarse ás principais novidades no campo científico-técnico.

Comentarios