Inicio do Club de Lectura en secundaria

O Club de Lectura de secundaria botou a andar o luns 23 de outubro. Despois de comer reunímonos para falar dos dous cómics que os profesores, Héctor (Galego) e Javier (Plástica) propuxemos para esta primeira sesión.

Os alumnos e alumnas de 1ºESO leron o libro da ilustradora dumbriesa Laura Suárez, “Los cuentos de la Niebla”. Ó outro club de lectura, formado por alumnado voluntario de 2º e 3º, propuxémoslles a obra de Paco Roca, “Arrugas”.

Velaquí algunhas fotografías do grupo de 1ºESO

 


Hoxe tivemos a segunda reunión. Nela falamos da obra de teatro “As Alumnas”, de Paula Carballeria; coa que gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática 2023.

 


Mañá visitaranos e poderemos afondar na súa obra durante o recreo e a cuarta hora.

Comentarios