PLAMBE 23-24: O Noso Universo. Infantil 4 anos

 Na aula de 4 anos de Infantil, traballamos as fases da lúa coa mesa de luz, establecendo os nomes de cada unha, colocándoas en orde.


Fixemos un pequeno experimento para crear area luar, no que empregamos un paquete de fariña e aceite de bebé. Amasamos todo e xa queda lista unha pequena bandexa de area de luz, onde podemos traballar tamén coas fases da lúa, os cráteres, as texturas, experimentación e exploración, manipulación...


Tamén traballamos as constelación coa mesa de luz, nas que tiñan que buscar as parellas de cada unha e relacionalas, contar cantas estrelas ten cada una...


Finalmente tinguimos arroz na mesa de experimentación para crear o espazo, e enriba puxemos as estrelas de goma EVA. Traballamos coa pinza, clasificámolas por cores ou tamaños, e incluso fixemos seriacións. 

Comentarios