Carmen, a profesora de Matemáticas do instituto, levou a cabo co alumnado de 1º de ESO un obradoiro de papiroflexia no que cada un dos participantes elaborou unha figura que representa unha estrela, un labor creativo no que ademais entran en xogo conceptos matemáticos como a xeometría, a trigonometría ou os algoritmos de repetición.
Esta actividade insírese dentro do proxecto "O Noso Universo", escollido este ano como elemento central do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) no noso CPI.

Comentarios
Publicar un comentario