A escritora María Canosa, autora da biografía Luísa Villalta: melodía de palabras (centrada na figura da autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas) visitou o noso centro o martes 28 de maio para falarnos da vida e mais da obra da poeta coruñesa.
O alumnado de 6º de Primaria, 1º de ESO e 2º de ESO asistiu ao seu relatorio, que consistiu nun percorrido pola vida de Villalta organizado en varios capítulos identificados cada un deles cunha nota da escala musical, nunha lembranza á súa faceta de violinista.
Canosa falounos tamén da Luísa Villalta profesora, pois estoutra actividade foi a súa verdadeira vocación, truncada prematuramente pola morte da escritora aos 46 anos.
Ademais, María Canosa mantivo un breve encontro co alumnado de 6º de Infantil (5 anos), que este ano traballaron léxico do mundo do mar a partir da súa obra Acuario.
Grazas, María, polo teu tempo, polos teus libros e pola túa simpatía!




Comentarios
Publicar un comentario