O alumnado de 4º de ESO, experto en edición de vídeo


As alumnas e os alumnos de 4º de ESO do noso CPI elaboraron durante este trimestre as súas propostas audiovisuais para a materia de Dixitalización, impartida pola profesora Isabel Carballo.

A idea era a preparar unha peza de temática libre en que se empregasen imaxes, vídeos, transicións, animacións ou calquera outro recurso propio da edición dixital.

Velaquí os mellores traballos!

Nerea Ozón e Laura Ramos:


 

Valeria Gascó e Silvia Rodríguez.



Comentarios