O traballo da alumna de 6º de Primaria Saray Blanco Trillo foi merecedor do primeiro premio na categoría autonómica no certame ¡Ahora vamos andando al cole!, organizado por Stop Accidentes e a Fundación Mapfre co obxectivo de promover comportamentos seguros no camiño á escola.
No acto de entrega do premio, celebrado na Casa da Cultura da Picota, Saray estivo acompañada pola directora do CPI, Dolores Otero; pola súa titora, Mónica Boullón; parte do profesorado de Primaria do cole e as súas compañeiras e compañeiros de 3º, 4º, 5º e 6º.
Tampouco faltaron os representantes das entidades organizadoras e do alcalde do Concello de Mazaricos, Xoán Blanco.
Ademais do recoñecemento, e da súa participación na fase nacional do certame, Saray foi agasallada cunha magnífica bicicleta. Acompañada, por suposto, do seu correspondente casco!



Comentarios
Publicar un comentario