Durante os días previos ás actividades do Samaín estivemos decorando distintos espazos do noso centro. O alumnado de primaria deseñou imaxes terroríficas para colocar nas portas das súas aulas. Tamén fixeron debuxos que se expuxeron na entrada da pasarela. As profes de Inglés e Francés decoraron os taboleiros da entrada da biblioteca de secundaria. As bibliotecas do noso cole enchéronse de teas de araña e nelas habitaron durante este temo animais arrepiantes.
Comentarios
Publicar un comentario