Día da Paz. Infantil

Cada alumno/a decorou unha folla con debuxos e palabras relacionadas ca paz, para despois colocalas todas xuntas na árbore da biblioteca. Ademais, o alumnado de 5º e 6º realizou co alumnado de Infantil un obradoiro de elaboración de avións de papel, que decoraron tamén con debuxos e palabras relacionadas ca paz. O día da paz xuntámonos no patio e cada alumno lanzou ao aire o seu avión, para despois coller outro distinto e levalo para a súa casa.

Comentarios