Alumno 1: Bos días.
Patricia: Ola, bos días.
A1: Ímosche realizar unhas preguntiñas que nós, na clase, elaboramos entre todos.
A2: De que trata o proxecto?
P: Bueno, pois o proxecto que elaboramos o ano pasado trataba costumes e tradicións de países de fala inglesa e a idea principal era mostrar que o inglés non só se fala en Gran Bretaña e Reino Unido, senón tamén en moitos máis países do mundo e ao mesmo tempo mostrar as diferentes tradicións e culturas dentro dos países anglosaxóns.
A3: Por que decidiches organizar este proxecto? E por que escolliches a nosa clase e non outra?
P: Pois como xa dixen antes era para mostrarlle un pouco a todo o alumnado, e ao profesorado tamén, as diferentes tradicións que comparte a lingua inglesa e escollín a 2ºESO porque sempre me pareceu un grupo moi traballador, aberto, con ganas de aprender, de saber de diferentes culturas e tradicións… e con bo nivel de inglés.
A1: Como xurdiu a idea do proxecto?
P: Pois… O proxecto, a idea do proxecto xurdiu porque eu estiven traballando uns anos como profesora en Estados Unidos e alí traballei con rapaces, con alumnado de diferentes culturas. Aprendín sobre diferentes culturas e por iso me pareceu boa idea mostrarvos esta variedade cultural a vós tamén.
A2: Canto tardabas en organizar cada actividade e como se che ocorrían as ideas?
P: Pois máis ou menos unha semana porque tiven que, sobre todo, traballar moito en Internet buscando ideas e tamén nalgúns libros da biblioteca, libros que trouxen eu de Estados Unidos… Foi unha mestura dun pouco de todo.
A3: Que foi o máis difícil e o máis fácil de facer?
P: Bueno o máis fácil foi traballar con vós, co alumnado de 2ºESO, que sempre respondeu moi ben. E, bueno, o máis difícil ás veces foi preparar o material e buscar o material acorde coas actividades.
A1: Cal foi a túa festividade favorita?
P: Bueno, a min gústanme todas, pero a miña favorita quizais sexa a de Acción de Gracias, a de Thanksgiving, polo que representa, pola mensaxe que transmite. E a de St. Patrick’s Day.
A2: Nalgún colexio fixeras algo parecido?
P: Non, a verdade que era a primeira vez que desenvolvía este tipo de actividade.
A3: E tes pensado volver a facer algo parecido?
P: Si, gustaríame no futuro facer, estender, expandir esta actividade tratando non só a cultura e a tradición, senón tamén expandilo un pouco quizais á literatura que vai adxunta a estas festividades.
A1: Cal foi a túa reacción a gañar o premio e se o esperabas?
P: A ver, realmente eu esperaba que algo, algo íamos recibir, algo si porque o alumnado traballou moi ben e… eu creo que honestamente o traballo estaba ben feito, trataba temas moi interesantes e algo tiñan que nos recoñecer. E ao final, foi verdade.
A2: Que vai realizar o centro co premio?
P: Pois iso é algo que aínda estamos valorando. Non hai nada concreto.
A1: Pois moitas grazas, Patricia, por resolver as nosas dúbidas sobre este traballo.
Comentarios
Publicar un comentario