O 28 de xaneiro comezamos coas actividades no marco das I Xornadas Interculturais do CPI A Picota. O alumnado de 5º e 6º de Primaria, e toda a ESO asistiu a unha videoconferencia cun equipo de ACNUR.
Faláronos de como é a vida dunha persoa
refuxiada. As persoas refuxiadas son aquelas que foxen a outro país debido a unha
guerra; ou que sofren algún tipo de persecución ou acoso, que se pode dar
dentro da familia, por parte dos veciños ou do seu goberno. Polo contrario, as
persoas desprazadas tamén foxen dalgún conflito, pero permanecen no propio
país.
Na actualidade, hai ó redor de 120 millóns de
persoas que son refuxiados ou desprazados. A maior parte desta cifra son
persoas desprazadas.
ACNUR é a organización creada polas Nación
Unidas (ONU) que ten como función principal axudar a estas persoas. Encárgase
de facerlles chegar: lonas para facer refuxios, garrafas e cubos, roupa,
ferramentas para facer de comer, mantas e esterillas...
Faláronnos en concreto dun campo de
refuxiados situado en Xordania e que acolle a 90.000 persoas. Chámase Zaatari e
é un dos campos de refuxiados máis grandes do mundo. Nel, as persoas intentan
levar unha vida o máis “normal” posible. Constrúense fontes, baños e letrinas
compartidas; tamén escolas e centros de formación para adultos...
Comentarios
Publicar un comentario