I Xornadas Interculturais: Mercadillo solidario

Dende a Biblioteca, e en colaboración co equipo de Orientación, organizamos un mercadillo solidario no marco das I Xorandas Interculturais do CPI A Picota. Todo o alumnado de infantil e primaria participou traendo da casa: libros, obxectos decorativos ou xogos que xa non usaban. Tamén se doaron libros da biblioteca. 

Outros obxectos que formaron parte do mecadillo foron os que elaborou o alumnado de secundaria durante os talleres: poemarios, chapas e adornos de Nadal.

Ata a biblioteca de secundaria achegouse todo o alumnado do cole e algúns pais e nais que tamén nos visitaron.

A iniciativa foi un éxito e o diñeiro recadado doámolo á ACNUR, a axencia da ONU para os refuxiados.

Comentarios