Traballo de investigación: Xenocidio en Ruanda

Ruanda sempre se considerou unha sociedade moi controlada e tamén organizada por estamentos sociais. 

Neste país (ubicado en África central) hai 3 grupos étnicos: hutus, tutsis e twa. Estas categorías asignábanse en base á ocupación económica: os tutsis adicábanse á gandaría e chegaron a Ruanda no século XV dende Etiopía (estes representan o 14% da poboación), os hutus á agricultura (este é o grupo maioritario no país) e os twa á caza (é o grupo máis pobre da sociedade ruandesa, este sitúase entre Ruanda e Burundi). Estas categorías podían modificarse se a persoa cambiaba de ocupación ou se se celebraban matrimonios interétnicos.

As discriminacións polas razas comezaron durante a independencia de Ruanda no 1961, cando os hutu tomaron o control do goberno e lle foron eliminando os dereitos á pobación tutsi. 

Respecto ao xenocidio, comezou o 7 de abril do 1994 e rematou o 15 de xullo do mesmo ano. Os asasinatos masivos dos tutsis iniciaron logo do atentado do 6 de abril do 1994 contra o presidente de Ruanda Juvénal Habyarimana e o presidente burundés Cyprien Ntaryamira (os dous hutu) que morreron debido a que se lanzaron dous misiles dende a terra que impactaron contra o avión do presidente Juvénal no que viaxaban. A día de hoxe segue sen saberse quenes foron as persoas que lanzaron os mísiles, pero tanto o FPR (Frente Patriótico Ruandés) como os extremistas hutu culparon aos tutsis sen probas para aproveitar a situación e dar paso ó seu exterminio.

O xenocidio foi organizado con moito coidado. Entregáronse armas e listas cos obxectivos que sabían perfectamente onde se atopaban. As milicias hutu foron as encargadas de matar aos tutsis. Incluso os hutu crearon unha emisora de radio, RTML (Radio Televisión libre de las Mil coLinas) pola cal se lían os nomes das persoas que serían asasinadas nos próximos días e periódicos que facían circular propaganda e discursos de odio contra os tutsis. 

Tanto as forzas da paz da ONU como Bélxica foron a Ruanda, pero retiráronse logo do

asasinato de 10 soldados belgas. Estados Unidos non interviu nin axudou a Ruanda xa que 1 ano antes varios soldados estadounidenses morreran

nunha guerra en Somalia.

Os franceses enviaron unha forza especial para evacuar á xente e establecéronlles unha zona segura, pero aínda así os tutsis acusáronos de non facer o suficiente e incluso Paul Kagame (o actual presidente de Ruanda) acusou a Francia de ser aliado dos hutus e respaldalos. 

Case dous millóns de tutsis durante a matanza se refuxiaron na República Demócratica do Congo, pero xusto comezou alí unha gran epidemia de cólera e morreron 12.000 dos tutsis, tamén centos deles se refuxiaron en Uganda e crearon alí o FPR (Frente Patriótico Ruandés) , case 500.000 en Tanzania, 200.000 en Burundi e case un millón se desprazaron dentro da propia rexión.

Ao final da matanza de 100 días, máis de 1.000.000 de tutsis e hutus a favor dos tutsis ou en contra do goberno foran asasinados. Os homes eran matados con machetes e as mulleres, tanto nenas como mulleres, foron usadas como esclavas sexuais e violadas ata a morte. 

Logo de 20 anos, neste 2024 Ruanda está a punto de cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, aínda que o exército ruandés segue cometendo actos de violencia sexual e forzando ás mulleres ao matrimonio. As mulleres seguen tendo dificultades para recibir atención médica e moitas morren por VIH ou sida, contraído na maioría dos casos polas violacións sufridas durante o xenocidio.


Investigación e imaxes realizados por Uxía Ozón Atán (3ºESO)

Comentarios