Este ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado ás cantareiras: Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e ás Pandeireteiras de Mens, Manuela Lema Villar, Prudencia e Asunción Garrido Ameijende, de Malpica de Bergantiños.
Durante a semana do 17 de maio, no noso centro organizáronse diversas actividades nas que a música tradicional galega foi a principal protagonista.
As pandereiteiras do grupo Ébora acudiron ao centro para amosar os instrumentos tradicionais e os ritmos básicos (xota, muiñeira e maneo) e facer dinámicas musicais adaptadas á idade dos nenos e nenas.
O venres 16 desfrutamos dun recreo de foliada gracias á xenerosidade da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos. Este día, tamén se achegaron uns regueifeiros a sorprendernos e a facernos rir coas súas rimas alegres e improvisadas.


Comentarios
Publicar un comentario