Visita ó concello. 2ºEP

Unha das saídas que fixemos foi ao Concello de Mazaricos para coñecer como funciona e se organiza.  Recibíronnos con moitas ganas e explicáronnos de maneira moi didáctica o que facían en cada oficina e presentáronnos a todos os traballadores, incluso nos ensinaron onde teñen rexistrados todos os nosos datos! O alcalde, que nos acompañou durante toda a visita, deixounos entrar no seu despacho e coller o bastón de mando. Para rematar fixemos un pequeno pleno na sala que usan para xuntarse.

Comentarios