O
venres 7 de xuño os integrantes do obradoiro de lectura fomos de
excursión. Despois de todo un ano lendo e comentando as impresións
sobre o lido, así como facendo actividades relacionadas co gusto
pola lectura, chega unha vez máis fin de curso e aproveitamos para
facer unha saída. A excursión foi, como non podía ser doutro
xeito, moi literaria. En primeiro lugar fomos a visitar a casa-museo
de Rosalía de Castro,
en Padrón, xa que no colexio tiñamos celebrado o 150 anos de
Cantares
Gallegos.
A continuación podedes ver algunha das fotos que alí sacamos.
Logo
fomos á Fundación
de Camilo José Cela
onde Fran nos fixo xogos, co cal foi moi ameno coñecer algo da vida
e obra deste premio Nobel de literatura. Nas seguintes fotos vense
algúns momentos dos xogos.
Para
rematar tíñannos preparado un taller
de sombras,
no que tiñan que idear un contiño ao xeito en que Cela facía ás
veces, collendo unha 3 ou 4 letras do alfabeto e coa primeira palabra
que viña á mente que empezar por elas tratar de inventar unha
historia. Unha vez inventado o conto debuxaban algún dos elementos
clave en cartulina negra e logo fixeron un teatro de sombras. A
verdade é que resultou moi entretido
Comentarios
Publicar un comentario