E
pouco a pouco e, conto a conto, o curso foi pasando e chegou o mes de
xuño. Así damos por rematada a actividade dos padriños e madriñas
lectores, nos que alumnado de E.Secundaria lle veu ler aos pequenos
de 3 e 4 anos un contiño nos recreos dos mércores, na primeira
semana de cada mes. Nas seguintes fotos podemos ver o momento de
conto e tamén os agasallos que Léctor, a nosa mascota da
biblioteca, lles deixou, e que viñan acompañados dunha carta na
que lles daba as grazas polas visitas que lle facían e lles
desexaba a todos BO VERÁN!!
Aos
maiores regaloulles o libro O
mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños,
de Fernando Cimadevila; e aos máis pequenos trouxolles un libro moi
saltarín, que logo de que os padriños e madriñas lles ensinaran a
usar algúns probaron a facelo saltar na clase.
Comentarios
Publicar un comentario