Taller de Booktrailer. Biblioteca Creativa. 5ºEP

Vouvos contar como é un booktrailer e a miña experiencia. Este ano o colexio quixo que fixeramos un booktrailer e elixiron a 5º de primaria e 3º da ESO. Os nosos axudantes foron Javi, o profe de plástica da ESO, e Alex.

1º Escollemos un libro e lémolo. Despois de lelo eliximos as escenas que íamos a facer, escribimos o guión e debuxamos algunhas cousas.

2º Empezamos a gravar cada escena coas tablets e cando acabamos, os profes ensináronnos unha aplicación que se chama Capcut. Nesa aplicación podemos poñer música, distintos sons, fondos,...

3º Montamos todo o vídeo e ensinámosllo aos compañeiros.

Daniel, Mateo e eu fomos axudantes de Javi. Gustoume moito facer esto!

Yadira (5º EP)


Un booktrailer é un resumo dun libro que nos da información para saber si esa lectura nos vai a gustar ou non. Primeiro, Javi e Alex explicáronnos como funcionaba. A continuación, en grupos mixtos de 4, eliximos o libro. Logo, resuminos a historia cos personaxes e lugares do conto. Despois déronnos as tablets e empezamos a facer os videos-resumes de cada libro. Fixemos unhas viñetas para recordar as partes da historia que despois gravadas pódense xuntar ou separar. Por último, falamos do que nos gustou do libro. Foi unha actividade moi boa, divertida e interesante.

Rita (5º EP)


O mércores 6 de maio fixemos un booktrailer e vouvos dicir como. Primeiro, escollemos un libro, despois limos o resumo e collemos uns disfraces para os personaxes. Logo, escribimos un mini resumo para gravar. Gravamos as escenas e ao acabar editámolo na aplicación Capcut. Por último, vimos os booktrailers. Gracias a Javi e a Alex por esta experiencia e tamén por axudarnos a gravalos e editalos. Foi un dos mellores días da miña vida. Aprendín a gravar, editar e resumir sobre un libro.

Samuel (5ºEP)

Comentarios