OS DE 2º e 3º CICLO TAMÉN VISITAMOS A FUNDACIÓN GRANELL!

O  28  de  novembro tivemos unha saída para visitar a Fundación Granell en Santiago na que aproveitamos tamén para facer unha visita guiada pola Praza de Abastos .


Ao chegar á Praza do Toural  dividíronnos en dous grupos, mentras uns fomos á Praza de Abastos , os outros quedamos no museo. Alí explicáronnos a vida e obra do pintor Euxenio Fdez. Granell, logo vimos as distintas salas das que consta o museo e participamos nun taller no que tivemos que facer un debuxo en movemento . 
 Na Praza de Abastos fomos visitar todos os postos, parándonos co carniceiro, peixeiro, froiteira, etc, e degustamos varios productos riquísimos!

Cando acabamos as dúas visitas disfrutamos do parque da Alameda, onde comemos e xogamos.
Cándo repetimos?
A continuación van algunhas fotos da visita, esperamos que as disfrutedes tanto coma nós a visita!.





















































Comentarios