EXCURSIÓN Á TERRA DO POETA AÑÓN
Despois de rematar o libro “A
cara oculta da lúa” da serie dos Megatoxos, do xenial Anxo Fariña, no obradoiro preparamos un xogo
de pistas, cunhas probas que tiñan por obxectivo ir coñecendo a figura do poeta Añón, do veciño Concello de Outes, xa que na excursión do
obradoiro farase un percorrido por algúns espazos que percorreu en vida o
insigne poeta, no Concello de Outes. Finalmente iremos a comer á tamén cercana
praia de Broña, no propio Concello de Outes.
Así en grupo, debían ir seguindo
as pistas que se lle daban e, despois de facer uns cálculos, buscar a algunhas
das colaboradoras do obradoiro, (neste caso a profesora de 1º, Mónica, e a nosa
secretaria, Luísa) que tiñan a seguinte pista, que lle daban si os cálculos
eran os acertados, claro. Finalmente debían reunir tres anacos en que tiñamos
dividido o poema do Poeta Añón, “Diante
da torre de Hércules” e recitarllelos ao profe Luís, que estaba de garda no
patio. A continuación algunhas fotos do xogo de pistas.