E xa chegou fin de curso!
Sen case darnos
conta xa remata o curso 2015/16 e con el vanse pechando tamén algunhas das
actividades que se levaron a cabo
durante todo o ano, como a das MADRIÑAS LECTORAS. Foi unha actividade moi
gratificante, tanto para o alumnado de E. Infantil coma para o alumnado de ESO
que participa. O mércores 17 xuntáronse por última vez neste curso os integrantes desta actividade e
intercambiaron uns agasallos, o alumnado de Infantil regaloulles ás súas
madriñas uns pens de animaliños, moi útiles e moi chusquiños!, e as madriñas
agasallaron aos pequenos cunhas pelotas saltarinas coas que xogar no verán. A
continuación algunha fotiño.
Animádevos a ser padriños lectores o próximo curso!!!
Animádevos a ser padriños lectores o próximo curso!!!
BOAS VACACIÓNS AMIGUIÑOS!!