Vai xa polo segundo ano que o CPI da Picota coa
axuda inestimable do Concello de Mazaricos celebra este proxecto pertencente ao
programa deportivo de centro, o cal inclúe fomentar os hábitos saudables, a
autonomía do alumnado no exercicio físico e potenciar as
actividades deportivas no centro e na vida cotiá.
De aí
que plantexamos este ano unha perspectiva máis ampla do proxecto, incluíndo ós
outros centros do Concello, polo que o CEIP Pino de Val e CEIP Víctor Sáez de
San Cosme de Antes uníronse a esta iniciativa e participaron nesta segunda edición.
Arredor
de 150 alumnos/as de entre 7 e 15 anos, a metade de Primaria e a outra metade
da ESO, fixeron un percorrido en bici
pola contorna da Picota, foron uns 8 quilómetros con saída e chegada no colexio; facendo unha parada de avituallamento na área recreativa de A Pontenova.
Acompañandos
por Protección Civil na apertura e peche da marcha, por técnicos deportivos do
Concello, por vehículos de asistencia e recollida de participantes e
bicis, polos mestres/as de ambos
centros; a marcha transcurriu sen maiores incidencias e fixo as delicias dos
presentes. Sinalar que durante o traxecto de ida fomos todos xuntos en grupo
pero despois da parada técnica en A Pontenova para descansar, os maiores da ESO
subiron un tramo cara a legua de Beba, con
bastante pendente e a súa posterior baixada.
Contamos tamén neste proxecto coa axuda de:
- Xefatura Provincial de Tráfico de Coruña, a cal recibe información detallada do proxecto e colabora aportando información didáctica e material de sinalización para os participantes.
- Autos González que transporta as bicis do alumnado para poder participar nesta saída didáctica. Durante toda a semana carrexan bicis para a escola e para a casa, sen parar.
Moitas, moitas GRACIAS a todos colaboradores por ofrecernos a posiblidade de seguir con esta iniciativa, provocando que cada vez máis alumnos/as de cerca do cole usen a bici nesta época para acudir a el, se non é seguido (polo menos esta semana e o propio día da bicicleta) houbo varios alumnos/as que viñeron e marcharon neste transporte.
Como no podía ser doutra maneira, usamos as bicis nas sesións de educación física e tamén nalgún recreo, familiarizándonos con ela e dotando de certa confianza a aqueles/as que montan nela con máis respecto e menos seguridade.