Campo a través. A Baña 2018

Nova edición de campo a través para este curso 2018.19. Á vista deste anos, decidiuse comezar as probas  no mes de decembro por mor do clima e ter marxe no caso de ter que modificar datas.
A realidade foi que tivemos un día perfecto para a práctica do atletismo, un circuito de cross que respondeu moi ben ante as intensas chuvias e uns participantes con moitas ansias e desexo de demostrar as súas capacidades atléticas en compañía de outros escolares.
Participación numerosa, moi boa organización e clima deportivo extraordinario que fixeron unha xornada moi interesante onde o noso cole o pasou moi ben, con resultados diversos pero voltaron todos con caras de satisfacción e gañas de adestrar máis para o ano que vén.
Os participantes clasificados continuarán na seguinte fase intercomarcal que se disputará en xaneiro e poderán continuar, sempre e cando o resultados lles dean esa posibilidade.

En definitiva, moi boa xornada deportiva de todo colectivo do CPI A Picota que acudiu con 80 participantes de 2ºa 6º de Primaria e de 1 º a 3º da ESO.