Día dos namorados

Están postos nos corredores de Primaria e Secundara, unhas caixas ben decoradiñas para que o alumnado, exprese os seus sentires i emocións con respecto a ese sentimento do amor e alegría que produce, aínda que tamén dá lugar a decepcións, só as veces.

Mostrar as opinións, escribir cartas, dedicatorias cara os queridos e todas esas expresións amizables e sentidas, teñen cabida neste buzón. Non é necesario, poñer nomes, só contar historias reais ou ficticias sobre o amor.

Resaltar aquelas cartas máis reseñables serán extraídas para publicar na revista do centro.


 


Chegou o día 14 de febreiro e abriuse o buzón para entregar as cartas aos seus donos. Resultou que había moitas e para case todos....e se non había ,pois o Deus Cupido encargouse de escribir unha para aqueles cursos que non tiñan representación.
Foi todo unha sorpresa ver as reaccións do alumnado cando Cupido e axudante entrou pola súa porta e como a súa indumentaria os facía DEUSES de certo.
O amor e a mizade foi o protagonista e fixo que nas aulas da Picota se respirasen emocións e sentimentos que non deixaron indiferentes a ninguén.




Tamén expusemos libros e películas sobre esta temática para animar ao noso alumnado á lectura, e foi unha proposta ben acollida por eles.