Semana de Harry Potter


Durante a semana do 8 de abril todos os alumnos de 1º de ESO, somerxéronse no mundo de Hogwarts despois de facer un estudo comparativo entre o libro e a película Harry Potter y la piedra filosofal. Tras recibir cada un deles unha carta na que eran aceptados nesta escola de maxia, asistiron á cerimonia de selección na que o sombreiro indicoulles a cada un deles a casa que pertencían: Gryffindor, Ravenclaw, Hufflepuff ou Slytheryn.

CEREMONIA DE SELECCIÓN:


Tamén tiveron a oportunidade de asistir a un obradoiro no que elaboraron cada un deles a súa varita máxica e os uniforme de Hogwarts (túnicas e garabatas). Ese mesmo día asistiron a unha clase especial: a clase de pocións que lles prepararán os alumnos de 2º ESO.

OBRADOIRO DE VESTIARIO E VARITAS:







CLASE DE PÓCIMAS:



               
               Outras das actividades desta semana foi o primeiro campionato de quidditch da Picota, no que se proclamaron camións os alumnos de 1º A. Non obstante, antes tiveron que aprenderse o regulamento pois non imaxinaban que este é un deporte que ten liga profesional tanto a nivel nacional como a nivel internacional. 

CAMPIONATO DE QUIDDITCH:





               Como colofón a esta semana, organizouse un escape room e un acrossport. Os alumnos formaron grupos e cada un deles tivo que resolver diferentes probas para poder lograr escapar de Azkaban.

ESCAPE ROOM:







ACROSSPORT:


               Esta inversión no mundo de Harry Potter non a van esquecer na súa vida pois desfrutaron plenamente de cada unha das actividades. Nela participaron os departamentos de lingua castelá, plástica, educación física e ciencias naturais.