Letras galegas 2019: ANTÓN FRAGUAS, obradoiro con Anxo Fariña e o novo mobiliario

Xa que mañán estamos de festa a alumnado do CPI A Picota, posto que somos todos galego falantes, amantes, defensores da nosa cultura  i expresións denoso, hoxe xoves 16 tocou festexar o noso idioma e xuntarnos para facer actividades.

Durante toda a semana anterior tivemos unha exposición sobre a figura de homenaxeado Antón Fraguas.



Durante as semanas previas fixemos as unidades didácticas e traballamos sobre os póster de Antón Fraguas que estaban no corredor, nas cales se fala sobre a súa obra e vida.


Fixemos unha exposición, en primaria e secundaria, de DVDs, CD-roms e libros para que o todo persoal que pasara polo centro (alumnos, padres, profesores, persoal non docente) puidera levarse a súa casa o que quixera.



Estantería e exposicións despois da semana das Letras galegas.



Tamén inauguramos o novo mobiliario da biblioteca e para iso trouxemos a Anxo Fariña para que fixese connosco actividades de creación de contos, actividades de ilustración e recrear contos dos máis pequenos.





Desde Infantil a Primaria i en grupos fixemos os obradoros que el traía preparados, asinounos libros e tamén nos regalou un lote.

Diversas accións a prol do fomento da escrita e da creación de imaxes, as cales nos meteron no gusanillo para elaborar os nosos propios textos e creacións literarios.