Obradoiro de cine: ANIME

O alumnado de secundaria o 1 abril tivo a gran sorte de participar nun obradoiro de dúas horas sobre ANIME ou animación xaponesa, impartido por Manu Varela Amboage, dentro do proxecto PLAMBE deste curso sobre o cine.
Nesta xornada puidemos comprobar a enorme diversidade de propostas que nos ofrece a animación xaponesa, dende aquelas que xa son todo un clásico como poden ser "O meu veciño Totoro" ata as novas series estreadas no presente ano. Ademais o noso alumando tivo a oportunidade de compartir inquedanzas e gustos persoais sobre as súas series de ANIME favoritas.