Botan a andar as mochilas viaxeiras!

Dende o día de hoxe, botaron a andar as nosas primeiras  Mochilas Viaxeiras para este ano 2019/20. Ao longo do que resta de curso, o alumnado de 2º da ESO poderá levar para a casa na súa mochila viaxeira diferentes fondos da nosa biblioteca. Dende novelas, poesía, cómics... a música e cine.
Este ano deixamos un espazo expositor para que engadades as vosas recomendacións aos seguintes compañeiros e compañeiras. Ademais das habituais seccións con suxerencias para os irmáns e irmás máis pequenas e os pais.
Que os libros comecen a viaxar!
Boa travesía!




Comentarios