Homenaxe a Neira Vilas no seu 91 aniversario

  O pasado 4 de Novembro celebramos no centro o 91 aniversario do nacemento dun dos autores máis célebres das nosas letras, Xosé Neira Vilas. Para nós é un día moi especial cada ano, xa que Xosé apadriñou unha das nosas aulas (1º da ESO) que leva o seu nome.

Xuntámonos na propia aula que el inaugurou no seu día o alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Primaria para facer un acto interxeracional de homenaxe a través da poesía. Cada grupo leu e interpretou poemas de Neira Vilas e xuntos recordamos a súa figura con esta pequena homenaxe. Deixámosvos o vídeo que editamos para a ocasión:




Comentarios