Día da Paz e da non violencia

Como cada ano, hoxe 30 de xaneiro, celebramos no centro o día da Paz e da non violencia.

En Infantil e Primaria fixemos unhas ás da PAZ, nas plumas escribíronse distintas palabras e mensaxes relacionadas coa Paz. Logo todo o alumnado e profesorado fixo unha foto nelas, como se pode ver a continuación. Ademais traballouse unha poesía de Gloria Fuertes sobre a Paz.
En Infantil tamén fixeron unha pomba que logo se puxo no mural colectivo.












En E. Secundaria quixemos compoñer un collage de círculos con frases e lemas de cada alumno alumna para darlle forma ao logo da paz. O resultado está exposto no corredor de entrada enfronte de secretaría.
Ademais demos a coñecer no noso tabón da biblio os premios Nobel deste ano.
Por outra banda, coñecemos a figura de Bob Marley e o seu mensaxe de paz no mundo da música.






Comentarios