Día mundial da radio...e chega "Radio Picota"

Hoxe día 13 de febreiro celébrase o día mundial da radio. Un medio de comunicación con longa historia e que se reinventou para adaptarse ao século XXI.
Dende o noso centro, queremos aproveitar esta data sinalada para darvos a coñecer o resultado da nosa enquisa que convocamos para darlle nome á nosa nova radio.

O nome escollido por todas e todos vos é.... RADIO PICOTA

Tamén temos o logo oficial:

E o noso perfil en Ivoox onde iremos subindo todos os nosos podcast
Seguídenos e compartídeos!

Comentarios