OBRADOIRO DE MÚSICA TRADICIONAL


O venres 14 de febreiro os nenos e nenas de infantil e primaria participaron nun Obradoiro de música tradicional impartido por Felisa Segade , do grupo musical de cantareiras e pandereteiras “Leilía”.

Felisa amosounos algúns instrumentos tradicionais como a tixola, as cunchas, a pandeireta, a pandeira , a caixa… pero o máis divertido sen dúbida foi cando tocamos nós mesmos todos eses instrumentos, menudo barullo! 
Tamén nos ensinou a bailar a muiñeira, sós e en parellas. 

Foi moi divertido!

















Comentarios