Día das Artes Galegas

O día 1 de Abril celebramos o día das Artes Galegas porque nese día do ano 1188 o Mestre Mateo rematou o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, segundo se indica nunha inscripción dos dinteles desta obra marabillosa.
Este ano, o día dedícase ao que foi outro dos arquitectos máis ilustres da nosa Historia, Domingo de Andrade. 
Quizais  vos soe máis se vos dicimos que é o autor de obras tan famosas como a "Torre do Reloxo" tamén coñecida como "Berenguela" situada a carón da catedral de Santiago. O seu famoso reloxo e as súas campás dannos a benvida ao aninovo a tódolos galegos e galegas dende a televisión de Galicia.
Outra das súas obras máis coñecidas, é a fermosa triple escaleira helicoidal do actual Museo do Pobo Galego, antigo convento de Bonaval.



Deixámosvos algunhas fotos e propoñévosmos unha actividade:





Unha proposta de actividade:

Atrevédesvos a imaxinar e debuxar a vosa propia Torre do Reloxo ou a vosa escaleira ideal? Podedes inspirarvos nas obras de Domingo de Andrade ou non.
Os máis pequenos e pequenas podedes axudarvos das vosas familias.
Enviádenos ao noso correo as fotos deses debuxos (ben coloreados!)

Xa sabedes: mazaricoteca@gmail.com

Todo arquitecto ou arquitecta comezou facendo debuxos nun caderno! Animádevos

Comentarios