Día do Libro (Secundaria)

Hoxe 23 de Abril celebramos o día do Libro. Unha das nosas propostas para o alumnado de Secundaria consistiu en crear un relato encadeado por clase, en coordinación cos Departamentos de Lingua Galega e Castelá.

A proposta foi a seguinte. Cada persoa da clase escribiu unha frase que continuaba un relato que nos iniciaramos coa primeira frase.

O obxectivo era compartir palabras e crear un relato, conto ou historia conxunta entre todas e todos.

Celebramos o día do Libro escribindo historias, e agora, queremos compartilas con vós. Nas pestañas da parte superior deste blog tedes todos os relatos.

Poderedes votar as que máis vos gusten deixando un comentario co voso nome e apelidos debaixo do relato que máis vos guste. Obviamente, non podedes votar polo da vosa clase. 

As familias tamén poden participar! 

Bo día do Libro!
#euleo

Comentarios