Día contra o acoso escolar

O 2 de maio celebrouse o Día Contra o Acoso Escolar. Non quixemos esquecernos desta data. Quizais algún alumno confinado síntese aliviado por non ter que ir a clase. Hai moito sufrimento e discriminación que pode parecer invisible (como nun iceberg)

Por iso, é fundamental que haxa comunicación e que todos actuemos ante a mínima sospeita de que un compañeiro, un amigo, un alumno, un fillo ou quen sexa estea pasando por algunha destas circunstancias.
    Alumnos de 3º de ESO gravaron este videoclip titulado Ser valiente para concienciarnos do que temos que dicir non ao acoso escolar.

Comentarios