Encontro coa poeta Tamara Andrés


A pasada semana tivemos un encontro virtual coa poeta Tamara Andrés. Tiñamos pensado facer un encontro presencial no CPI pero o confinamento fíxoo imposible. 
Durante o segundo trimestre, as alumnas e alumnos dos clubes de lectura de 3º e 4º da ESO leron o seu libro Irmá Paxaro.Entre todas descubirmos novas interpretacións e adentrámonos polos camiños do bosque da poesía. Unha viaxe fascinante.
Desculpade os problemas técnicos e cortes debidos ás diferentes conexións. Non nos foi posible gravar todo o encontro.

Comentarios