Día dos Océanos

En decembro de 2008 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas resolveu que a partir de 2009, cada 8 de xuño se celebraría o Día Mundial dos Océanos. Esta conmemoración ten como propósito concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana ten para os océanos.
Se os peores prognósticos se cumprisen, en 2050 o peso do plástico nos océanos superaría o dos propios peixes.

Deixámosvos aquí unha interesante recomendación en forma de libro. Fai pouco que o adquirimos para a nosa biblioteca de Secundaria. É un libro fantástico para quen lle interese o mundo dos océanos a súa conservación. Recomendado espcialmente para alumnado de ESO. 




Se o queredes levar prestado para ler todo o verán, escribídenos un correo a: mazaricoteca@gmail.com ou falade cos vosos profes de secundaria para pedirllo. Poñeremos un día para que o poidades recoller. Pronto vos daremos máis detalles.

Comentarios