Préstamo para o verán e recomendacións lectoras

Amigas e amigos. Sabemos que este verán vai ser diferente. Teremos que manter unha distancia de seguridade entre nós; na praia, na piscina, nas festas... pero non por iso nos imos sentir máis sós. Os libros vannos seguir acompañando como cada verán. 
Dende a biblioteca, propoñémosvos que vos mergulledes nas páxinas dos nosos libros. Podedes solicitar cita para pasar pola biblio do cole e levar en préstamo aqueles libros que desexedes ler nas vacacións. 

Deixámosvos o noso clásico boletín con recomendacións e unha listaxe con outras propostas. Todos os libros están na biblioteca.




 Pero non son as únicas, podedes levar calquera outro material de préstamo da biblio. Pedide cita para recollelos:


- Como pedir cita para recoller e/ou devolver os libros da biblioteca?
Enviando un correo a mazaricoteca@gmail.com co voso nome e curso. Indicando que queredes levar libros para o verán. Tamén podedes deixar reservado un libro en concreto que vos interese.

- Cando pasar a recollelos?
Recibiredes un correo ou comunicación persoal coa hora concreta da cita. Serán nas seguintes franxas horarias:
  • INFANTIL E 1º E 2º PRIMARIA: 18 XUÑO (no horario acordado coa titora)
  • DE 3º A 6º PRIMARIA: DÍA 22 de xuño
  • SECUNDARIA: 23 de xuño
                             - 1º ESO e 2º ESO: De 9:30 a 11:30
                             - 3º ESO e 4º ESO: De 11:30 a 13:30 

- Normas de uso da biblioteca para recollida/devolución

  • Deberánse lavar correctamente as mans con xel hidroalcólico (haberá un frasco na entrada) ao entrar e saír
  • Só accede unha persoa con cita previa  
  • Deberase acceder con máscara á biblioteca 
  • Como norma xeral non se collerán os libros directamente dos andeis sen falar co profesor/a responsable
  • Os libros devoltos non se poderán volver coller para o verán (corentena mínima de 14 días)

Comentarios