Club de lectura... Anótaste?

 Comezamos un ano máis co noso club de lectura en Secundaria. Levarao a profe de Lengua Castellana (Montse) en coordinación coa biblio. 

Serán grupos pequenos, coas distancias e medidas de seguridade indispensables. Animádevos a participar. As familias, pais e nais, tamén podedes animalos dende a casa a que se anoten. 

Será un ano de novas descubertas, para desconfinarnos coa lectura e non caer no illamento. 

Se estades interesadas/os falade con Montse ou co equipo da biblioteca de Secundaria.

 

 Cartel do club de lectura  



Comentarios