Chega o entroido!

 Aproxímase o entroido e a pesar de que este ano non o imos poder desfrutar igual, non queremos deixar pasar esta data tan sinalada no calendario galego. 

Cada día desta semana, o noso Léctor (para quen aínda non o coñeza, o garda dos libros da nosa biblioteca) tennos preparada unha recomendación a xeito de caracterización ou disfraz. 

Prestádelle atención!

Tamén recuperamos a exposición sobre máscaras de entroidos tradicionais galegos. Podedes vela na entrada e nas escaleiras do primeiro piso.

 





Comentarios