8 de marzo "Día Internacional da Muller"

 Este 8 de marzo non deixamos pasar sen conmemorar e reivindicar o Día Internacional da Muller. Nun ano tan difícil como este, onde as actividades grupais se viron restrinxidas, decidimos facer unha serie de accións de visibilización, mantendo as medidas hixiénicas e sanitarias por mor da pandemia. 

Este ano centrámonos nos COIDADOS e na necesidade de corresponsabilarse na súa atención. Se todos e todas queremos e precisamos que nos coiden, os COIDADOS son cousa de todos/as. 

En Secundaria, realizamos un vídeo e unha pancarta. Grazas a todas e todos os participantes e ás alumnas de 4º ESO B que deseñaron a pancarta. 

 
 


 
En infantil e primaria fixemos a "Árbore do Respecto", cada clase traballou a temática do Día Internacional da Muller centrándose nunha palabra (igualdade, respecto, sororidade,...) e logo estamparon as súas mans na árbore común. Aquí van un par de fotiños.





Comentarios