Recordando a Xela Arias nas Letras Galegas

 Este ano o Día das Letras Galegas estivo dedicado á poeta e tradutora Xela Arias. No noso cole cada clase recordouna ao seu xeito. Os máis pequenos do cole, os de infatil, fixeron uns coloristas retratos da homenaxeada, estilo Warhol, que quedaron moi vistosos. Os de primeiro e segundo, inspirándose no conto que Xela fixera cando só contaba 11 anos, fixeron os seus propios contiños. En 3º leron o conto "A fraga dos paxaros faladores" e inventaron outros finais para el tamen fixeron un debuxo sobre el. Os de 4º deronllelas grazas a Xela en diversos idiomas e os de 5º e 6º fixeron as portadas dalgunhas das súas obras.

A continuación algunha fotiño de como quedou o mural feito entre todos.






Comentarios