Día das Bibliotecas Escolares, 24 de outubro

 

O 25 de outubro inauguramos a biblio e fixémolo cun montón de novidades e actividades.


 Léctor e Espinaca tíñanlles unha boa sorpresa preparada este ano… nin máis nin menos ca un SCAPE ROOM e uns CONTACONTOS de Samaín!


👉    No SCAPE ROOM as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º quedaron pechados na biblio 😨, e para saír tiñan que resolver unhas pistas💬 que as nosas mascotas deixaron por toda a biblioteca. Para solucionalas requería de moita atención e concentración , e sobre todo de coñecer moi ben cada espazo.


E, por encima... tiñan tempo!!! Unha bomba 💣💣💣que podía estoupar!!! Canta emoción e nervios!

 




















 

    👉As sesións de contacontos 👄para o alumnado de infantil e 1º de ciclo de primaria, transcorreron na biblio tamén.

    Primeiro, coñeceron e presentáronse a Espinaca e saudaron a Léctor! 

Logo, aproveitando que está preto o SAMAÍN, gozaron de contos como “Corre, corre cabaciña” ou “A bruxa regañadentes”.

    E tiveron unha visita inesperada... porque veu unha amiga bruxa da bruxa Regañadentes contarlles o conto, e andivo asustando as nenas e nenos do cole!!!! Canto medo pasaron!

 








Ademais estes días o cole deixou medrar as teas de araña, entraron morcegos e hai un montón cabazas terroríficas polos corredores 👻👾👤☺!!! A verdade é que da un pouco de medoooooo!😱😵








💥E... isto non é todo! Contámosvos máis na próxima publicación!   💥


 





Comentarios