Formación da choiva e volcáns


                             

                                                Ola PICOTEIR@S    !!!!


    Este ano as rapazas e rapaces do cole están moi interesados nos fenómenos ambientais.

    Por unha banda, o alumnado de infantil traballou na formación choiva.!!!

    Cun pouco de espuma de afeitar, auga e colorante comprobaron dun xeito moi representativo como se forma a choiva nas nubes. Que pasada!!!

    E mirade se estes nenos e nenas non son curios@s, que ao final remataron mesturando as cores e descubriron NOVAS CORES!!! Canto aprenderon e que ben o pasaron! 

















                            👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇


    Por outra banda, a erupción do volcán da Palma espertou a curiosidade e interese de moito dos nosos compañeiros e compañeiras. En todos os cursos, o alumnado investigou para coñecer máis sobre o funcionamento volcáns e as consecuencias dunha erupción. 

    @s de 6º curso investigaron e logo crearon o seu propio volcán. `Por iso, decidiron compartir co resto de picoteir@s o seu proxecto. Primeiro, comentaron aqueles aspectos básicos dos volcáns e para rematar, realizaron unha simulación da entrada en erupción dun volcán !!!!

Para iso, precisaron un pouco de vinagre, xabón, colorante e bicarbonato, e por suposto, imaxinación e efectos especiais, pero diso xa se encargou o público: PUMMMM! PLASSSS! BUUUM!... e COMEZOU A SAÍR A LAVA!





























Esperamos que vos gusten!!! E seguide pendentes das NOVAS DA BIBLIO!




















Comentarios