25 N ♀
Ao longo desta semana o cole da Picota foise enchendo de reivindicacións contra a Violencia cara a Muller.
Dende infantil ata primaria as alumnas e alumnos foron analizando os prexuízos e estereotipos que @s abordan dende ben pequen@s, creando grandes distincións entre nenas e nenos á hora de vestirse, xogar, actuar, axudar na casa... case sempre en prexuízo das nenas ou mulleres. A lectura facilitounos esta tarefa, xa que a través dos contos representase moi ben o espertar as nenas e mulleres e o camiño para conseguir a igualdade entre homes e mulleres.
Por iso, neste 25N PLANTAMOS CARA Á VIOLENCIA, porque a violencia non só é física, tamén é psicolóxica, sexual, doméstica, laboral... temos que saber identificala, e, por suposto, NON PERMITILA.
O alumnado de tódolos cursos, a través dunhas breves curtas, representou os micromachismos máis frecuentes aos que se enfrontan nenas e mulleres no seu día a día. Unha forma de aprender a REFLEXIONAR sobre actitudes moi estendidas na sociedade e a DECIDIR se nós, como neno ou nena, queremos ser seguir así ou acadar a igualdade efectiva.⚤
Ás rapazas e rapaces de 6º analizaron o comportamento nas redes sociais de cara as mulleres. Neste mundo virtual os canóns de beleza son moi limitados e sexistas, promovendo a non aceptación e rexeitamento do noso corpo por non "cumprir" coas "medidas" establecidas. Esperamos que pensedes no que vos tratan de transmitir estas rapazas e rapaces.
Comentarios
Publicar un comentario