Actos con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para Eliminación da Violencia de Xénero

O pasado 23 de novembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º tivo a oportunidade de gozar da obra de teatro Iriña bailarina. Unha representación na que Iriña, unha bailarina abafada polas esixencias da súa profesión, un futbolista e un pirata intercambian os roles e sen sentírense mal, malia considerarse o fútbol un deporte de rapaces, existir poucas piratas ou ver moi poucos bailaríns na caixas musicais. 

En resumo, os xogos non entenden de xénero, unicamente temos que pasalo ben.




O 24 foi a quenda de Infantil e 1º ciclo. Neste caso a través dunha narración oral, Carabranca, a protagonista, unha arriscada e valente pirata enfróntase a unha morea de perigos, que resolve sen dificultade e con decisión, demostrado así que a forza e ousadía das nenas tamén é cousa de nenas piratas, nun mundo de piratas nenos. Un paso máis cara a igualdade.












Comentarios